A Oficina de Acollida ao Peregrino da Catedral de Santiago entregou onte a compostela ao peregrino 200.000 de 2015.
Trátase dun matrimonio de Albacete que visitou a catedral para asistir á misa das 12.00 horas e que, tras recoller a compostela, recibiu un obsequio. É a primeira vez que esta parella realiza o Camiño de Santiago, unha ruta que iniciaron a principios de mes en Villafranca del Bierzo.