MARZO EMPEZA CON MOITA MÚSICA, TEATRO E ALGUNHA QUE OUTRA FESTA
- A banda Furious Monkey House actúa no Teatro Colón da Coruña ás 20:00 horas. furiousmonkeyhouse.com
- Tony Moog leva o seu espectáculo Follamigas ao Teatro Afundación de Vigo ás 21:00 horas. comedycentral.es
- Durante todo o fin de semana Baiona celebra unha nova edición da Arribada. baiona.org
- De venres a domingo, Festa do queixo de Arzúa. concellodearzua.com
- Concerto de Sex Museum no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas. sexmuseumrock.com
- María do Ceo actúa ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas. mariadoceo.com
- Recital de Andrés Suárez ás 21:00 horas no Teatro Afundación de Vigo. andressuarez.es
- Dentro do ciclo Jazz no Principal, o Teatro Principal de Pontevedra acolle a música de Rale Micic Quartet ás 21:00 horas. ralemicic.com
- Amigos ata a morte represéntase no Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 20:30 horas.
- O Teatro Colón da Coruña acolle A órbita do lucelú ás 20:30 horas.
- O musical Alicia en el país de las maravillas chega ao Teatro Jofre de Ferrol ás 18:00 horas.
- A ópera La Traviata sonará no Teatro Principal de Ourense ás 19:00 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )