A Feira do Viño do Ribeiro, que celebrará a súa 53ª edición entre o 29 de abril e o 1 de maio, acaba de presentar a súa nova páxina web que se pode visitar en feiravinoribeiro.com. Nela pódese obter todo tipo de información sobre os participantes, actividades, programación ou aloxamentos.
Nesta nova edición batirase récord de participación cun total de 40 participantes entre adegas e colleiteiros. Ademais, entre as novidades destaca unha zona infantil con actividades e atraccións para os máis pequenos e a zona de comida, que contará con varias food trucks.