MAXIA, HUMOR, TEATRO, MÚSICA E FESTAS DANSE CITA NO FIN DE SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.
Venres
- Recital de Amancio Prada ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago. Amancioprada.com
- O Teatro Colón da Coruña acolle, a partir das 21:00 horas, o espectáculo Dez de Nova Galega de Danza. Novagalegadedanza.com
- Produccións Teatrais Excéntricas leva ao Teatro Rosalía Castro da Coruña a obra Da Vinci tiña razón!. Será o venres e o sábado ás 20:30 horas.
- Brothers in Band ofrecen un concerto no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo ás 21:00 horas. Brothersinband.com
- O Mago Teto pesenta o seu novo espectáculo no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00 horas. Magoteto.com
- Berto Romero presenta o seu último espectáculo de humor no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 21:30 horas. Berto.tv
- De venres a domingo Valdoviño festexa a terceira edición da súa Feira Medieval. Concellodevaldovino.com
Sábado
- O Auditorio Municipal de Ourense acolle o espectáculo The Other Side, a Pink Floyd Experience. Será ás 21:00 horas.
- Artestudio Teatro representa no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas Feirantes.
- Espectáculo familiar no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo con Peppa Pig ás 16:00 e ás 19:00 horas.
- Chévere representa a súa obra Eurozone ás 20:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol.
Domingo
- A Compañía Pep Bou leva o espectáculo Clinc! ás 18:00 horas ao Teatro Colón da Coruña.
- O concello de Quiroga celebra a XIV Mostra do aceite. Concellodequiroga.com
- A Estrada celebra a 41ª edición da Feira do Salmón. Aestrada.com
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )