As adegas da Ruta do Viño Ribeiro celebrarán os días 31 de maio e 1 de xuño as III Xornadas de Portas Abertas.
As actividades están centradas no eixe da cultura e o viño a través de diferentes actividades como a visita de adegas; experiencias enogastronómicas grazas a menús especiais; o descanso en aloxamentos entre viñedos; exposicións; ou unha tarde de viños polo casco histórico de Ribadavia.
Ademais o día 31 no centro social da Madalena o público poderá degustar máis de vinte marcas de viño das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro ambientado por un grupo musical. Durante a celebración deste evento sortearanse cinco viaxes no Tren Turístico pola Ruta do Viño do Ribeiro.