Os 34 concellos do Eixo Atlántico promoven os seus atractivos turísticos, de forma conxunta, na nova guía Dos países, un destino. Trátase dunha iniciativa do Eixo Atlántico que conta coa colaboración da Xunta.
A través de máis de 160 páxinas, recóllense de forma temática os principais valores deste territorio como o Camiño de Santiago, as praias, a natureza ou o patrimonio.
Editáronse 60.000 exemplares en castelán, portugués e inglés que se poden conseguir nas oficinas de turismo dos 34 concellos, da Xunta e de Turgalicia, nos catro aeroportos do Eixo ou a través da web Eixoatlantico.com.