MÚSICA, HUMOR, TEATRO, DANZA, FESTAS HISTÓRICAS E GASTRONÓMICAS SON OS INGREDIENTES PRINCIPAIS DO MENÚ DESTE FIN DE SEMANA EN GALICIA.
O Teatro Principal de Santiago acolle a representación da obra Cuerdas ás 21:00 horas.
Concerto de La M.O.D.A e Heave Tiger na Sala Capitol de Santiago ás 21:00 horas. Salacapitol.com
A tempestade de Shakespeare ofrece a súa última función no Salón Teatro de Santiago ás 20:30 horas.
Iván Ferreiro presenta o seu último traballo ás 21:00 horas no Auditorio de Ferrol. Historiaycronologiadelmundo.com
Concerto de Escuchando elefantes ás 21:00 horas no Teatro Colón da Coruña. Escuchandoelefantes.com
Rober Bodegas presenta a súa Antoloxía sen filtro ás 22:00 horas en Vilagarcía de Arousa. Roberbodegas.com
De venres a domingo Arteixo celebra a súa XV Feira histórica 1900. Arteixo.org
O Teatro Principal de Ourense acolle a representación de Petit Comité ás 20:30 horas.
No Teatro Principal de Santiago represéntase a obra Wild Wild Wilde ás 21:00 horas.
O barítono galego Borja Quiza ofrece un recital no Auditorio de Ferrol ás 20:30 horas.
Dentro do ciclo TRC Danza, o Teatro Rosalía Castro da Coruña ofrece o espectáculo Who will save me today? ás 20:30 horas.
Concerto de Obús na sala O Túnel del Coliseum da Coruña ás 22:00 horas. Obusrock.com
Tras o seu paso por Vilagarcía, Rober Bodegas recala no Teatro Colón da Coruña cun espectáculo de humor ás 20:30 horas. Roberbodegas.com
La M.O.D.A. desplázase de Santiago a Vigo para actuar na Igual Club.
Freedonia inicia xira preestreo do seu 2° disco Dignity and freedom na Praza do Balneario de Arteixo ás 22:30 h. Entrada libre. Freedoniasoul.com
Pablo López actuará no Auditorio de Mondoñedo ás 19:30 horas. Pablolopezmusic.com
Miki Nadal leva ao Auditorio Abanca de Santiago a súa Mikipedia. Será ás 20:00 horas. www.mikinadal.es
Mos acolle a XVII Festa do Codillo. Mos.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )