A MÚSICA SERÁ A GRAN PROTAGONISTA DA FIN DE SEMANA GRAZAS A CONCERTOS EN AUDITORIOS, FESTAS E FESTIVAIS QUE CHEGARÁN A TODA GALICIA.
Venres
- Durante a fin de semana, o Cirque du Soleil ofrece varias funcións do seu espectáculo Dralion en Santiago. Cirquedusoleil.com
- Vetusta Morla, Andrés Calamaro e Calle 13 encabezan o cartel do Festival Portamerica de Nigrán Festival.portamerica.es
- O Teatro Colón da Coruña acolle a representación de Lo que vio el mayordomo. Será venres e sábado.
- Venres e sábado o Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle o espectáculo Jamming Veraning Tour.
- Arrancan en Santiago as festas do Apóstolo que se celebrarán ata o 31 de xullo. PROGRAMA
- Durante toda a fin de semana Ortigueira celebra unha nova edición do seu festival. Festivaldeortigueira.com
- De venres a domingo Silleda celebra a XIV edición da Festa da paella. Festadapaella.es
- Tamén de venres a domingo O Rosal cumpre 22 anos da súa Feira do Viño. Concellodorosal.es
- Durante toda a fin de semana Noia celebra a XVII Feira Medieval, mentras que Corcubión acolle o XIV Mercado Medieval.
Sábado
- Comeza en Ribadavia a Mostra Internacional de Teatro que se celebrará ata o 26 de xullo. www.mitribadavia.com
- Extremoduro ofrece un concerto no Coliseo da Coruña a partir das 22:30 horas. Extremoduro.com
- Sábado e domingo se celebra unha nova edición das Carrilanas de Esteiro, en concreto a número 27. Carrilanasesteiro.com
Domingo
- O paseo da Coruña, entre a Torre de Control e o Club del Mar, será escenario do I Festival Aéreo da Coruña.
- Love of Lesbian, Calexico, The Sonics e Nada Surf son algúns dos integrantes da derradeira xornada do Festival Portamerica de Nigrán. Festival.portamerica.es
- Concerto de Susana Seivane en Santiago ás 22:30 horas dentro das festas do Apóstolo.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )