A xeadaría La Metro, en colaboración coa adega Paco&Lola, lanza un xeado elaborado a base de viño albariño.
O novo sabor xorde co obxectivo de crear un sabor singular, natural e fresco realizado con produtos da terra. Únese a outros sabores orixinais que ofrece a firma de xeados como nécora, tetiña con marmeleiro, cogombro ou queixo fresco con marmelada de figos.
O xeado está realizado de forma artesanal e poderase encontrar nos establecementos que a firma posúe en Sanxenxo, Vilagarcía e Pontevedra, aínda que tamén na cadea andaluza Bolas.