O próximo 25 de xullo a Asociación Camiño dos Faros realizará unha proba non competitiva de ultratrail que baixo a denominación “Ultratrail Camiño dos Faros Edición Piloto e Solidaria, 203 kms en 48 horas” tratará de unir Malpica de Bergantiños e Fisterra polo Camiño dos Faros.
O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo duns 200 quilómetros que une as localidades de Malpica e Finisterre pola beira do mar enlazando os faros e principais puntos de interese da Costa da Morte.
Con este novo evento a Asociación pretende colaborar coa Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (Fegerec) para darlle unha maior visibilidade, á vez que se estuda a viabilidade de realizar un ultratrail competitivo a partir do próximo ano.
Máis información do evento na súa páxina de FACEBOOK