PONSE EN MARCHA A PROGRAMACIÓN DE OUTONO DAS DISTINTAS SALAS GALEGAS E NÓTASE NA GRAN CANTIDADE DE ESPECTÁCULOS QUE SE OFRECEN ESTE FIN DE SEMANA EN GALICIA.
Venres e sábado o Teatro Principal de Ourense acolle a representación de Jamming, un espectáculo de improvisación teatral.
O Teatro Colón da Coruña ofrece a representación da obra Cena con amigos. Será ás 20:30 horas.
Venres e sábado, o Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle o espectáculo Demolición. Ámbolos días ás 20:30 horas.
Anthony Blake leva o seu último espectáculo, venres e sábado, ao Centro Cultural Afundación de Vigo. Anthonyblake.com
Goyo Jiménez está esta fin de semana de xira galega e chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:30 horas para presentar o seu espectáculo Evoluzión. Goyojimenez.es
Último días das Festas da Guadalupe en Rianxo, que acabarán coa tradicional Rianxeira. Guadaluperianxo.org
Moi preto, na Pobra do Caramiñal arrincan as Festas do Nazareno 2014, que se prolongarán ata o luns. Apobra.org
O Auditorio Abanca de Santiago acolle o espectáculo do humorista Dani Martínez ás 21:00 horas. Artistikproducciones.com
O Auditorio de Galicia de Santiago ofrece ás 19:00 horas Tarzán, el musical.
Nani García Trío actúa no Teatro Principal de Santiago dentro do ciclo Sons’14 Jazz ás 21:00 horas. www.nanigarcia.com
O Teatro Jofre de Ferrol ofrece a obra Amantes ás 20:30 horas.
La bola mágica chega ao Auditorio Municipal de Cangas ás 19.00 horas.
Goyo Jiménez ofrece dobre función do seu espectáculo Evoluzión no Teatro Colón da Coruña ás 19.30 e ás 22.00 horas. www.goyojimenez.es
Cena con amigos chega ao Centro Social Afundación de Pontevedra ás 20:30 horas.
Goyo Jiménez protagoniza ás 20:00 horas no Teatro Jofre de Ferrol Evoluzión. www.goyojimenez.es
Tras o seu paso por A Coruña e Pontevedra, Cena con amigos chega ao Centro Cultural Afundación de Vigo ás 19:30 horas.
Coristanco celebra a XXXIV Festa da pataca. Concellocoristanco.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )