O concurso Tapéate Ferrol, impulsado pola Concellería de Turismo do Concello de Ferrol en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, está incluído nunha campaña de promoción autonómica deste tipo de eventos que teñen lugar nas sete principais cidades galegas. Así, o folleto, editado pola Xunta de Galicia, recolle información sobre a vindeira edición do Tapéate Ferrol, que terá lugar do 4 ao 8 de decembro. Os folletos están dispoñibles na Oficina de Atención Cidadá do Concello de Ferrol, e tamén se entregaron á Asociación de Empresarios de Hostalería.
Durante o evento os locais participantes ofrecen por 2 euros as máis diversas creacións con produtos típicos de Galicia en forma de tapa. Entre as novidades deste ano, inclúense un concurso de fotografía. Os clientes poderán enviar unha fotografía da súa tapa favorita e gañar unha noite de hotel con cena incluída. A información sobre este concurso pódese consultar en www.detapasxgalicia.com.