NESTE PRIMEIRO FIN DE SEMANA DO ANO, PREVIO Á NOITE DE REIS, OS ESPECTÁCULOS INFANTÍS E PARA GOZAR EN FAMILIA SEGUEN SENDO OS PROTAGONISTAS. PARA OS MAIORES: MOITA MÚSICA, MAXIA E OS MISERABLES.
O Auditorio de Ferrol acolle, ás 19:00 horas, o espectáculo infantil de Juan D Y Beatriz con los Lunnis: El cohete musical. Ciudadarcoiris.es
La Kalabaza de Pippa ofrece o seu espectáculo infantil no Teatro Colón da Coruña ás 18:00 horas. Lakalabazadepippa.com
O musical Los Miserables represéntase durante todo o fin de semana no Palacio da Ópera da Coruña. Losmiserables.es
M Clan actúa na Sala Capitol de Santiago ás 21:00 horas. M-clan.tv
A maxia de Jorge Blass chega ás 20:00 horas ao Teatro Principal de Santiago. Jorgeblass.com
Dobre función de Panorama Kids, ás 17:00 e ás 19:30 horas, no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. Orquestapanorama.com
Cool Swing, a night with Borja Quiza chega ao teatro Afundación de Vigo ás 20.30 horas. Borjaquiza.com
Cantajuego presenta o seu espectáculo Diez ás 17:00 horas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago. Cantajuego.com
Dreams, un mundo mágico represéntase ás 18:00 horas no Teatro Colón da Coruña.
Borja Quiza leva o seu Cool Swing ás 20:30 horas ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. Borjaquiza.com
Tras o seu paso por Ferrol, o Cohete Musical chega ao Auditorio de Afundación de Pontevedra ás 19:00 horas. Ciudadarcoiris.es
El cohete musical pecha o seu fin de semana galego no Pabellón municipal de O Porrillo ás 18:00 horas. Ciudadarcoiris.es
O Ballet da Cámara nacional de Ucrania leva La Magia de los cuentos ao Teatro Rosalía Castro da Coruña ás 18:00 horas.
Iago Fernández Sexteto presenta o seu traballo Acougo no Teatro Principal de Santiago ás 20:30 horas.
Ladibain actúa, ás 21:00 horas, no Teatro Afundación de Vigo. Facebook.com/Ladibain
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )