ESTA FIN DE SEMANA AS PRINCIPAIS ACTIVIDADES DE OCIO CELÉBRANSE EN TEATROS E SALAS GALEGOS: MÚSICA E TEATRO PARA EMPEZAR A DESPEDIR O MES DE OUTUBRO.
O centro cultural Afundación de Vigo acolle a actuación de Los chicos del coro, que esta fin de semana están de xira por Galicia. Será ás 20:30 horas.
No Auditorio municipal do concello, en Vigo, represéntase ás 21:00 horas Mucho ruido y pocas nueces.
Venres e sábado o Teatro Rosalía Castro da Coruña ofrece o espectáculo Feelgood ás 20:30 horas.
O Teatro Colón da Coruña acolle ás 21:00 horas QFWFQ Una historia del universo.
Concerto de Extremoduro ás 22:00 horas no IFEVI de Vigo. Extremoduro.com
Ás 23:00 horas Leiva ofrece un concerto no Auditorio do Mar de Vigo. Leivaweb.es
O blues chega ao Teatro Principal de Ourense coa actuación de Delta Moon ás 22:00 horas. Deltamoon.com
O Teatro Jofre de Ferrol acolle a representación da obra La curva de la felicidad ás 20:30 horas.
Tras o seu paso por Vigo, o Centro social Afundación de Pontevedra acolle a Los chicos del coro ás 20:30 horas.
No Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas Alon Goldstein ofrece un recital de piano. Alongoldstein.com e Nertamanagement.com
Ponteceso celebra a XXXIV Feira das fabas. Ponteceso.es
Danza no Teatro Rosalía Castro da Coruña con Javier Martín e Antioedipus aut homunculus ás 12:00 horas. Javiermartín.com
Los chicos del coro chega ao Teatro Colón da Coruña ás 20:00 horas.
Concerto de blues no Teatro Principal de Ourense con Bex Marshall Band ás 20:00 horas. Bexmarshall.co.uk
Alejandro Vargas actúa no CGAC de Santiago ás 20:00 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )