
Os concellos de Lugo e Ourense veñen de participar na creación dunha rede de Cidades Termais do Imperio Romano. Así se deciciu nun encontro que tuvo lugar en Chaves e no que estiveron representados en total dez concellos de España e Portugal. Participaron seis concellos portugueses, dous galegos (Lugo e Ourense), un de Extremadura e outro de Murcia.
En total serán invitadas 128 cidades de 21 países de Europa, Asia e África, en concreto serán convidadas a adherirse á Rede cidades de España, Portugal, Francia, Alemaña, Alxeria, Austria, Bosnia, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Grecia, Hungría, Inglaterra, Marrocos, Macedonia, Rumanía, Serbia, Suiza,Túnez,Turquía e Israel.
A Comisión constituínte marcouse os seguintes obxectivos para a fase inicial de traballo:
– Promover o 1º Congreso de Cidades Termais. Neste Congreso terá lugar a constitución formal da Rede de Cidades Termais Romanas.
– Elaboración dun estudo para que a UNESCO recoñeza a Rede como Patrimonio da Humanidade.
– Creación dunha páxina web denominada Aquae.