
Un ano máis a hostalaría do Concello de Vimianzo organiza o Outono gastronómico que se desenvolverá entre o 1 e o 30 de novembro.
Esta ocasión reúne a un total de 19 establecementos que participan nesta proposta que inclúe restaurantes, cafetarías e pastelarías.
Os restaurantes propoñen uns menús ao prezo de 20€ con primeiro prato, segundo prato e sobremesa. Ademáis entre todos os participantes sortearase un xantar en cada restaurante. Participan os restaurantes Edreira, Vázquez, Casa Sabina, Pastoriza, O Castillo e Casa Paco.
As cafetarías participantes, Mehari, Quilmes, Happy Day, Casa Landeira, Regueiro, Bibendum, Celme, A Rúa e Hilton, organizarán actividades de lecer.
As pastelarías, Sampedro, Pan Ignacio, Antoxos e ChusCake, realizarán propostas especiais, centrándose na posta en valor da Bica de Vimianzo, elaborada con améndoa e chocolate e coa imaxe do castelo na parte superior.