AGOSTO DESPÍDESE DE FESTA E HAI MOITAS E PARA TODOS OS GUSTOS.
COMO ELAS PROTAGONIZAN TOTALMENTE A FIN DE SEMANA EN GALICIA, HOXE NON SEPARAMOS A NOSA AXENDA POR DÍAS. NÓS SÓ FACEMOS UNHA PEQUENA SELECCIÓN:
Dentro das Festas de Verán de Ferrol, Carlos Jean ofrece o venres unha actuación na praza Amboage. Carlosjean.tv O sábado, tocaralle a quenda a Xuso Jones co concerto que ofrecerá tamén na praza Amboage. Xusojones.com. O domingo as festas chegan á súa fin cos fogos artificiais e a verbena a cargo da orquestra Panorama na zona do peirao.
Venres e sábado, Ribadavia celebra a súa tradicional e vistosa Festa da Istoria. Festadaistoria.com
Salvaterra de Miño cumpre a LV edición da Festa do viño do Condado. Será de venres a domingo. Concellodesalvaterra.org
XXIV Festa da Anguía e Mostra da caña do país, o sábado en Valga. Valga.es
Ainda que comeza o venres, o sábado o Lugnasad de Cedeira celebra a súa xornada festiva principal, coa conmemoración de bodas celtas, entre outros eventos. Cedeira.es
O domingo será a última xornada do Pantín Classic, en Valdoviño. Pantinclassic.org
Lalín acolle, desde o xoves, a XIII edición de Titirideza que se pecha o domingo.
A Capela celebra os 26 anos da Festa do requeixo tamén o domingo. Concellodacapela.es
O domingo, festa de exaltación gastronómica en Moraña coa XXV Festa do porquiño á brasa. Morana.org
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )