
MÚSICA, TEATRO E MOITAS FESTAS E FEIRAS PARA ESTA ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE OUTUBRO NA QUE SE CELEBRA O SAMAÍN.
O Teatro Principal de Santiago acolle a representación da obra Amantes a partir das 21:00 horas.
Dentro do ciclo de TRC Danza, o Teatro Rosalía Castro da Coruña ofrece Tatoo ás 20:30 horas.
A Real Filarmonía de Galicia actúa ás 20:30 horas no Centro Cultural Afundación de Vigo.
O Auditorio Municipal do Concello de Vigo ofrece a obra Do not Disturb ás 21:00 horas.
Don Juan Tenorio represéntase no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas.
O Coliseum da Coruña acolle o Coruña Music Day con Placebo, El Columpio Asesino, Belako e Triángulo de Amor Bizarro. Será desde as 19:30 horas. Placeboworld.co.uk
Amantes represéntase no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas.
O Centro Social Afundación de Pontevedra acolle Nabucco de Verdi ás 20:30 horas.
Sábado e domingo Ortigueira celebra a súa I Feira Multicultural.
Monterroso acolle a Feira de Santos.
En Ribadavia celébrase unha nova edición da Noite Meiga. Noitemeiga.com
Sábado e domingo Ríos ofrece a súa tradicional Feira da Castaña e do Cogomelo. Concelloderios.es
As Pontes de García Rodríguez celebra a XXV Feira de Fungos e Cogomelos. Aspontes.com
XII Castañazo Rock en Chantada. Castanhazo.com
Última xornada do Samaín de Cedeira.
Uri Sabat e Daniela Blume protagonizan un espectáculo que combina monólogo e teatro no Teatro Principal de Santiago ás 20:30 horas.
O Auditorio de Ourense acolle ás 19:00 horas unha Gran Gala Lírica co coro e a orquestra nacional de Moldavia.
Ópera no Teatro Jofre de Ferrol, onde se leva a escena Don Giovanni ás 19:30 horas.
Cinderella ofrece dobre función, ás 16:30 e ás 19:00 horas, no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )