Da man da enóloga Cristina Murga, naceu Fragamoura unha nova adega en Galicia, pertencente á D.O. Valedorras, adicada unicamente á elaboración de escumosos.
O obxectivo deste novo proxecto, que ten as súas raíces nun escumoso 100% godello elaborado en 2003, é converterse nun referente na realización de escumosos obtidos de variedades autóctonas galegas. Neste sentido, unha das finalidades é desestacionalizar este produto consumido sobre todo na época do Nadal. Por iso, dende a adega están a planificar a realización de catas ou visitas ás propias instalacións.