ADEMÁIS DE TODAS AS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA SEMANA SANTA COMO AS DE FERROL OU VIVEIRO, QUE ESTÁN DECLARADAS DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL, ESTA FIN DE SEMANA OFRECE UNHA GRAN VARIEDADE DE ALTERNATIVAS, AINDA QUE A MÚSICA É A GRAN PROTAGONISTA.
- A artista Sés presenta Co xenio destrozado ás 21:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol. Mariaxosesilvar.com
- Abraham Mateo ofrece un concerto, dentro da súa xira 2014, no Coliseum de A Coruña ás 19:30 horas. Abrahammateoofficial.com
- Rafael Álvarez El Brujo ofrece La Odisea no Teatro Rosalía Castro da Coruña o venres e o sábado ás 20:30 horas.
- Faemino y Cansado presentan ¡Como en casa ni hablar! o venres e o sábado ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña. www.faeminoycansado.com
- O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o espectáculo Ultranoite no país dos ananos. Será ás 21:00 horas.
- Venres e sábado se celebra o Festival Independente de Vilalba con actuacións de Amaral ou The Gift, entre outros. Fivdevilalba.com
- A compañía Clownic representa 100% Tricicle cos mellores gags deste grupo. Será ás 20:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol.
- O Coliseum da Coruña acolle a celebración do I Festival OISTES ROCK con Los Suaves, Rosendo, Miguel Costas, Tregua e Reincidentes. Será desde as 19:00 horas.
- Sergio Dalma leva o seu Tour Cadore 33 ao Palacio da Ópera da Coruña ás 21:00 horas. Sergiodalma.es
- Ara Malikian e Fernando Egozcue ofrecen un recital ás 20:30 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.
- Rafael Amargo estrena a súa xira no Auditorio Palacio Congresos Mar de Vigo ás 21:00 horas. Rafaelamargo.com
- O Centro Dramático Galego representa Longa viaxe cara á noite no Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Pontevedra ás 20:30 horas.
- Sábado e domingo Sober celebra a XXXIV Feira do Viño de Amandi. Concellodesober.com
- O Teatro Principal de Ourense acolle a representación de El coloquio de los perros ás 19:00 horas.
- Tras dous días na Coruña, El Brujo chegará ao Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo ás 19:30 horas.
- O Concello de Riotorto celebra a VIII Feira da artesanía do Ferro.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )