ESTE PRIMEIRO FIN DE SEMANA DA PRIMAVEIRA TEN UN CLARO PROTAGONISTA: A MÚSICA DE TODOS OS ESTILOS QUE SOARÁ EN TODOS OS RECANTOS DE GALICIA.
Venres
- Venres e sábado a OSG ofrece sendos recitais con Skrowaczewski como director e Piemontesi ao piano. Será no Palacio da Ópera da Coruña.
- aCadaCanto presentará o seu traballo musical A Rosa d’adina no Teatro Rosalía Castro da Coruña ás 20:30 horas. Musicasdesalitre.com
- O coruñés Xoel López actuará na Sala Capitol de Santiago ás 21:30 horas. Xoel.com
- A Real Filharmonía de Galicia ofrece un recital no Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Pontevedra ás 20:30 horas.
- Manuel Manquiña e Tony Lomba se unen no proxecto musical Música Ligera. Será no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00 horas.
- A música de Pink Tones sonará no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo ás 22:00 horas. Pinktones.net
- Venres e sábado, o Teatro Colón da Coruña ofrece a representación da obra No te vistas para cenar. Ambos días será ás 20:30 horas.
Sábado
- Coque Malla presenta o seu traballo Mujeres ás 20:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol.
- Javier Martín ofrece o seu espectáculo de danza Antioedipus aut Homunculus no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
- Recital de Toni Risco Quinteto dentro do ciclo Jazz no Principal que se celebra no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00 horas. Pontejazz.org
- Tras o seu paso por A Coruña, aCadaCanto levarán a súa música ao Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00 horas. Musicasdesalitre.com
- Sábado e domingo o Concello de Ordes celebra a XVI Festa do lacón con Grelos en Mesón do Vento. Concellodeordes.com
Domingo
- Marta Etura e Chevi Muraday únense no proxecto de danza Return no Teatro Principal de Santiago ás 20:00 horas.
- O espectáculo de danza A Bela Adormecida chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 19:00 horas.
- O Concello de Friol celebra a XXII Feira do Queixo e Pan de Ousá. Concellodefriol.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )