Vermutería de Galicia presentou esta fin de semana un novo producto, trala exitosa comercialización da xenebra Platú. Trátase do vermú St. Petroni. Unha meticulosa selección das mellores colleitas de albariño sobre lías procedente dunha terra mimada polo microclima; flores, herbas e botánicos como as follas de loureiro, herba luísa, menta, hibisco, manzanilla, salvia, peles de laranxa doce e amarga, melisa ou limón; son os principais ingredientes que Vermutería de Galicia empregou para esta composición tan especial. Un vermú que, ademais, porta no seu ADN a historia da súa terra, das súas xentes, da súa cultura .
Segundo os seus creadores, “este produto representa tamén a oportunidade de contribuír ó desenvolvemento da terra que amamos e, en harmonía con ela, de xerar riqueza para o seu conxunto”.