A Concellaría de Turismo do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) organizan, dende o 20 de marzo, o III concurso de tapas BaideTapas por Baiona, que se celebrará ata o 13 de abril.
Nesta ocasión participarán un total de 35 establecementos, dos que 9 o fan por primeira vez. Os hostaleiros crearán 75 variedades diferentes de tapas que buscan promover a gastronomía de Baiona, así como cada un dos locais participantes, por un prezo asequible para o consumidor: 2 euros cada tapa ou 3’50 euros, se se combina cun Albariño de Adegas Val Miñor, patrocinador do evento.
A tapa que consiga unha puntuación media máis alta levarase o Premio á Mellor Tapa 2014. Os clientes que realicen unha ruta por 10 locais, como mínimo, poderán acceder ao sorteo de premios que se realizará no mes de abril. Sortearanse máis de 30 premios como ceas, vales de degustación, lotes de viño… ademáis dun primeiro premio que será un Ipad.
MÁIS INFORMACIÓN:
DESCARGA O FOLLETO OFICIAL
PÁXINA DE FACEBOOK