O TEATRO É O GRAN PROTAGONISTA DA FIN DE SEMANA GALEGO AÍNDA QUE DEIXA UN OCO, TAMÉN, PARA A MÚSICA, O HUMOR, A DANZA E O MUNDO AUDIOVISUAL.
Venres
- O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a representación da obra El régimen del pienso ás 20:30 horas o venres e o sábado. Elregimendelpienso.blogspot.com.es
- No coruñés Teatro Colón representarase O xardín das pernas roubadas a partir das 21:00 horas. Oxardin.es
- Ewa Poddle e a Orquestra Sinfónica de Galicia unen os seus talentos nun recital que ofrecerán ás 20:30 horas no Palacio da Ópera da Coruña. Sinfonicadegalicia.com
- Eric Terwilliger (trompa) actuará coa Real Filharmonía de Galicia ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia de Santiago.
- A compañía da coreógrafa Marta Carrasco presenta o espectáculo B. Flowers ás 21:00 no Teatro Jofre de Ferrol. Martacarrasco.com
- O Centro social Novacaixagalicia de Pontevedra ofrece a representación de La dama duende, que está de xira galega. Será ás 20:30 horas.
- De venres a domingo Ordes celebra unha nova edición da súa feira multisectorial Expordes, que culmina o domingo coa XXV degustación do champiñón. Concellodeordes.com
Sábado
- David Amor & Taninos Jazz band ofrecen un espectáculo de música e humor ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense. Davidamor.es
- O Centro Coreográfico Galego leva a súa peza Full House ao escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00 horas. Centrodramatico.org
- A Vargas Blus Band ofrece un recital ás 22:00 horas na Sala Túnel do Coliseo da Coruña. Vargasblues.com
- Tras o seu paso por Pontevedra La dama duende chega ao Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30 horas.
- O guitarrista flamenco Antonio Muñoz ofrece un recital de homenaxe a Paco de Lucía acompañado do cantaor Agustín Garnés. Será ás 20:30 horas no Auditorio municipal de Vilagarcía.
- Desde o sábado e ata o 4 de maio o recinto feiral de Vigo, Ifevi, acolle unha nova edición do Salón do Automóvil. Ifevi.com
Domingo
- Ibuprofeno Teatro representa a obra A filla de Woody Allen ás 20:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol. Ibuprofenoteatro.blogspot.com.es
- La dama duende pecha a fin de semana cunha función no Teatro Colón da Coruña.
- Clausúrase o X Festival Nacional de Curtametraxes Redondela en curto. Redondelaencurto.com
- O domingo tamén clausúrase o I Festival de webseries Carballo Interplay. Carballointerplay.com
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )