
A cidade de Lugo acollerá os días 9, 10 e 11 de maio a primeira edición da Feira da Cervexa Artesá que se realizará na praza Horta do Seminario.
Unu total de 13 cervexeiros artesáns de toda Galicia, principalmente da provincia de Pontevedra, farán degustación e venderán as súas producións de cervexa elaborada de forma artesanal e con produtos naturais.
Ademais tamén se realizarán unha serie de actividades culturais en torno a esta evento, como cursos para aprender a elaborar a cervexa na casa, charlas informativas, degustacións, venda de produtos, música e premios ás cervexas mellor valoradas. Tamén se aproveitará esta cita para presentar tres novas marcas de cervexa artesanal galegas, como son Áncora de Ourense, Trisquel de Nigrán e Nós de Mos.
A Feira vai ser unha oportunidade única para que se achegue a xente a probar novos tipos de cervexas como poden ser as que levan matices de mel, castañas ou pementos de Padrón.