FIN DE SEMANA DO MÁIS VARIADO EN GALICIA CON TEATRO, HUMOR, DANZA E MÚSICA DE DIFERENTES ESTILOS.
Venres
- A OSG ofrece un recital no Palacio da Ópera da Coruña coa dirección de Bringuier e o pianista Dejan Lazic. Será ás 20:30 horas. Sinfonicadegalicia.com
- Rulo y la Contrabanda actúan no Teatro Principal de Santiago ás 21:00 horas. Ruloylacontrabanda.com
- Venres e sábado o Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a representación da obra As do peixe. Será ás 20:30 horas.
- Los Mácbez represéntase no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas. Repite á mesma hora o sábado.
- Desde o venres e ata o domingo Vigo acolle a celebración da festa da Reconquista.
Sábado
- Tras o seu paso por Santiago, Rulo e a Contrabanda ofrecen un concerto no Teatro Principal de Ourense ás 20:30 horas. Ruloylacontrabanda.com
- O Auditorio municipal de Cangas acolle o espectáculo de danza A bela adormecida a partir das 20:00 horas. Centrodramatico.org/ccg
- Dentro do ciclo Jazz no Principal, Rafa Águila & SPJ Group actúan no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00 horas. Pontejazz.org
- Carlos Blanco e Luis Davila ofrecen o espectáculo Menú do día ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa.
- O monologuista David Guapo leva o seu espectáculo #Quenonosfrunjanlafiesta ao Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ás 21:00 horas. Davidguapo.com
Domingo
- Juan Diego protagoniza La lengua madre no Teatro Principal de Santiago ás 20:30 horas.
- Carmen Machi é unha das actrices que participa na representación de Los Mácbez ás 19:00 horas no Teatro Principal de Ourense.
- Tras o seu paso por Vigo, David Guapo chega ao Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas. Davidguapo.com
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )