
A empresa Ardinova acaba de desenvolver unha aplicación móbil que informa do estado das mareas na praia das Catedrais co obxectivo de informar os miles de turistas que a visitan das horas ás que se pode acceder ao areal. Ademais, achega información sobre a climatoloxía prevista para a xornada.
Esta praia, que acaba de ser recoñecida por Tripadvisor como a segunda mellor do país, é coñecida polas fermosas bóvedas rochosas de ata 32 metros de altura que o mar e o vento foron escarvando na costa. Precisamente por estas características orográficas, a preamar cobre por completo as columnas, mentres que cando se retira deixa unha praia de 12 metros de ancho e 1.400 de longo.
Esta aplicación, As Catedrais, pódese descargar gratuitamente tanto para iOS coma para Android dende www.ocioengalicia.com ou directamente dende as propias páxinas de aplicacións móbiless: GOOGLE PLAY e APP STORE.