O Concello de Vilalba acolle, ata o próximo 13 de abril unha nova edición do seu xa máis que consolidado Concurso de Tapas con queixo San Simón do Costa, que cumpre o seu sétimo ano.
Un total de 41 establecementos da localidade ofrecerán as súas tapas utilizando este característico produto da zona como protagonista dos seus pratos. Todos eles participarán en dúas categorías: tapa creativa, na que hai 4 opcións; e tapa tradicional con 39 alternativas. O prezo é de 2,5 euros a primeira e 1 euro a segunda.
O concurso servirá como anticipo da gran celebración do fin de semana do 5 e 6 de abril, cando se realizará a Festa do Queixo de San Simón da Costa que, entre as súas actividades acollerá un taller de cociña para nenos con dous dos concursantes de MasterChef: Eva e Fabián.