O Teatro Colón da Coruña acollerá este domingo, 6 de abril, ás 12:00 horas unha importante cita dentro do panorama da música clásica. Trátase dun concerto conxunto do violinista Ilya Kaler, o cellista Amit Peled e a Camerata OSG, dirixida por Wladimir Rosinskij.
Kaler, o único violinista do mundo que gañou os tres grandes premios internacionais de violín (o Tchaikowski, o Sibelius e o Paganini, ePeled, o cellista que ten cedido o Goffriller de Pau Casals, únense áCamerata OSG para interpretar pezas de J. S. Bach, J. Haydn ou A.Dvorak.
ILYA KALER
Kaler é unha das personalidades violinísticas máis importantes do noso tempo como solista, músico de cámara e profesor. As críticas aclámano nas súas aparicións como solista en Orquestras como as Filharmónicas de Leningrado, Moscú, Varsovia, Boston e Dresde, a Sinfónica de Montreal, as de Radio Danesa e Berlín, ou as de Cámara de Moscú e Zürich, Detroit Symphony, Baltimore Symphony e Seattle Symphony. Colaborou con directores como Valery Gergiev, Dmitry Kitayenko, Mariss Jansons, Antoni Wit, Thomas Sanderling, Pietari Inkinen ou Jerzy Semkow. Os seus recitais levárono polos cinco continentes e no 2012 presentouse con grande éxito en España convidado pola Real Filharmonía de Galicia. Kaler tamén é membro de The Tempest Trio xunto ao violonchelista Amit Peled e ao pianista Alon Goldstein.
É un dos mestres máis solicitados. Foi profesor de violín na Eastman School of Music en Rochester (Nova York) e na Escola Universitaria de Música de Indiana en Bloomington e, actualmente, é profesor de violín na Escola da Universidade DePaul de Música en Chicago. Kaler estudou na Escola Central de Música de Moscú con Zinaida Gilels e no Conservatorio Estatal de Moscú con Leonid Kogan e Viktor Tretiakov. Ademais, a influencia e a inspiración chegaron do seu mentor, o gran violinista e mestre Abram Shtern.
Kaler foi gañador da Medalla de Ouro en tres prestixiosos concursos internacionais de violín do mundo: o Concurso Tchaikovsky de Moscú (1986), o Concurso Sibelius de Helsinki (1985) e o Concurso Paganini de Xénova (1981). As súas gravacións, ademais, foron merecedoras dos máis altos eloxios. Grava en exclusiva para Naxos Records e os seus álbums inclúen sonatas de Schumann e Brahms, concertos de Paganini, Shostakovich, Tchaikovsky, Brahms, Schumann, Dvorak, Glazunov, Szymanowski, Karlowicz, así como Taneyev Suite, Bach Sonatas e Partitas para violín só e de Ysaye Seis Sonatas para violín Só.
AMIT PELED
É un músico de profunda arte e carismática presenza, aclamado por todo o mundo como un dos instrumentistas máis emocionantes. É firme defensor de romper as fronteiras entre os artistas e o público, tratando de promover e compartir a música clásica cun público máis amplo. Na tempada 2012/13 tivo a honra de recibir o famoso violoncelo Goffriller que pertenceu ao lendario Pau Casals. Algúns dos próximos compromisos destacados con este cello inclúen a apertura do Festival Casals en España e o Festival Pablo Casals de Puerto Rico. Por outra parte, gravará o seu cuarto CD para Centaur con este famoso instrumento.
Peled actuou como solista con numerosas orquestras e nas principais salas de concertos do mundo. Recentemente embarcouse nunha extensa xira polos EUA e Alemaña, coa Nordwest Philharmonie. Por outra parte, uniuse ao lendario Krzysztof Penderecki no Millennium Park de Chicago, interpretou os concertos de Elgar e Shostakovich co mestre Michael Stern e a IRIS Orchestra, o concerto en Do M de Haydn con Nicola Luisotti e a Orquestra da Ópera de San Francisco e o Concerto de Schumann coa Orquestra de Cámara de Israel.
Amit Peled é invitado frecuentemente a prestixiosos Festivais, tocando e dando clases maxistrais. Algúns exemplos son o Festival de Música de Marlboro, o Newport Music Festival, o Seattle Chamber Music Festival, o Festival de Gotland (Suecia), o Prusia Cove Festival (Inglaterra), o Foro Violoncello (España) ou o Festival de Israel.
Peled é un dos pedagogos de violoncelo máis solicitados e profesor no Conservatorio de Música de Peabody de la Universidad Johns Hopkins.
CAMERATA OSG
A Camerata OSG é unha formación estable composta por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia, entre eles varios dos seus primeiros atrís como Ruslana Prokopenko (principal de cellos), Ludwig Dürichen (axuda de concertino) ou Francisco Regozo (principal de violas).
A Camerata OSG nace co firme propósito de difundir obras para pequenas orquestras de cámara intentando abranguer un repertorio o máis ecléctico posible.
Está dirixida polo compositor e viola Wladimir Rosinskij.
WLADIMIR ROSINSKIJ
De orixe rusa e nacionalidade austríaca, obtivo o Diploma de Honra na Academia Musical de Krasnojarsk en 1986.
Entre 1990 e 1995 estudou en Hochschule fur Musik Viena co Mestre W. Klos (viola) e o mestre E. Urbanner (composición). En Austria traballou con Orquestras e agrupacións camerísticas diversas: Orchester Vereiningte Buhnen Wien, Camerata Bregenz, Wiener Symphoniker, Orquestra St. Gallen (Suíza), Wiener Klavier-Quartettou Punto d’arco Wien-Tokio Quartett, entre outros. Neste período (1991-92) obtivo o Premio en Kompositionswettbewerb im Rahmendes10. Wiener Sommer-seminars para Novas Músicas, ademais do Forderungspreis de Bundeskanzleramt de Austria para Compositores (1999).
Como director traballou con orquestras como Kammerorchester Arpeggione Hohenems, Ensemble Plus (Austria), Orquestra de Cámara de OSG, Grupo Instrumental Século XX, Orquestra de Cámara deOdessa e Orquestra de Cámara de Astrakhan.
A música de Wladimir Rosinskij estreouse en salas da importancia de Musikverein e Konzerthaus (Viena), o Auditorio Nacional (Madrid), o Auditorio de Tenerife, o Pazo de La Ópera (A Coruña), o Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), Festspielhaus (Bregenz) ou Grosser Saal Odessa Fihlarmonie; con directores como Gianandrea Noceda,Josep Pons, Tuomas Olilla, Christoph Eberle, Gerard Korsten Karlheinz Sissl; interpretadas por solistas do talle de Hansjorg Schellenberger, David Quiggle, Jeslen Lam, Ruslana Prokopenko, Vasili Marian; e orquestras tales como Wienerkammerorchester, a Orquestra Nacional de España, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Tenerife, Vorarlberg Symphonie Orchester e Orchester der Academie St. Blasius (Innsbruck).
PROGRAMA DO CONCERTO
- 1ª PARTE
- Epitafio W. Rosinskij
- Concerto para violín e orquestra en La menor BWV 1401 J.S. Bach. Solista Ilya Kaler
- Concerto para violín e orquestra en Mi Mayor BWV 1402 J.S. Bach. Solista Ilya Kaler
- 2ª PARTE
- Concerto para violonchelo e orquestra nº1 en Do Mayor J. Haydn. Solista Amit Peled
- Serenata para cordas en Mi Mayor op.22 A. Dvorak
AS ENTRADAS PODEN ADQUIRIRSE A TRAVÉS DE SERVINOVA