O proxecto Ponteceso. Os Camiños do Mar foi elixido finalista dos premios europeos Heritage in Motion, Patrimonio en movemento, na categoría de aplicacións móbiles. O galardón entregarase o próximo 25 de abril en Glasgow (Reino Unido).
A iniciativa é un proxecto turístico baseado nas TIC que se puxo en marcha a finais de 2012 con financiamento europeo e que propón un par de rutas sinalizadas e xeolocalizadas mediante unha trintena de paneis interactivos das que se pode gozar co uso dun smartphone.
Esta candidatura supón para Ponteceso un recoñecemento ao traballo realizado co obxectivo de dar a coñecer e transmitir o patrimonio tanxible e intanxible do municipio.