A cidade das murallas quenta motores para a celebración dun dos seus eventos máis multitudinarios, Arde Lucus, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de xuño, como xornadas centrais, aínda que dende o mes de maio xa se levan realizando toda unha serie de actividades vinculadas a esta gran festa.
Como anos anteriores, a cidade vive apaixoadamente esta celebración retrocedendo no tempo para rememorar a época romana cos xa clásicos Macellum e Castra de Lucus Augusti. Haberá recreación de actividades coa participación, por exemplo , de gladiadores e amazonas. Teatro, pasacalles, música, obradoiros, vodas celtas, desfiles, xogos romanos, actividades para os máis pequenos… é parte da oferta destes días.
Toda a información en ARDELUCUS.COM