Turismo de Galicia traballa a fondo na promoción do Camiño de Santiago e na mellora de todos os tramos para evitar os puntos negros, dentro das actuacións do Plan Director consideradas ata 2021, próximo ano Xacobeo.
Entre os principais obxectivos encóntranse mellorar as barreiras físicas e a seguridade vial e cidadá. Neste sentido, a Xunta traballa co resto de administracións galegas xa que a ruta percorre 100 concellos e 1.300 quilómetros aproximadamente.