O Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia ofrece o próximo luns, 24 de agosto, unha xornada de degustación e maridaxe no Casino La Toja.
A actividade, de carácter gratuíto e con prazas limitadas, desenvolverase a partir das 21:00 horas e para asistir é necesario inscribirse no teléfono 986 731 000 ou no correo electrónico infocasinolatoja@cirsa.com.
A xornada constará dunha cata comentada de produtos así como da degustación dun aperitivo composto por catro pratos e unha sobremesa nas que se utilizará algunha das augardentes e licores galegos. Ademais, o Casino ofrecerá durante toda a semana no seu restaurante un menú específico maridado con licores e augardentes ao prezo de 20 euros.