O músico Xabier Díaz estreará o vindeiro venres, 16 de outubro, o seu novo traballo discográfico que leva por título The Tambourine Man.
A cita será a partir das 20:30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña nunha actuación na que estará acompañado polas Adufeiras de Salitre para presentar un disco de 11 temas tradicionais galegos e un castelán cun enfoque vangardista e diferenciado.
Tras o seu paso pola Coruña, ofrecerá novos concertos o 15 de novembro en Vigo, o 4 de decembro en Madrid e o 5 de decembro en Barcelona