O vigués Marcos González e o chantadino Damián Seijas representan a Galicia no Campionato Barista de España que se celebra hoxe e mañá en Málaga e no que se elixirá ao mellor preparador de cafés do país.
Trátase da décima edición dun certame que ata agora resistiuse á nosa comunidade a pesar de ser, xunto con Cataluña, o territorio que conta cunha maior tradición nesta recente profesión. Ao certame concorren un total de 17 baristas de 13 autonomías españolas que compiten non só por converterse no campión barista de España, senón tamén por conseguir os galardóns para mellor espresso, mellor latte art e mellor bebida de especialidade.