A cidade da Coruña volveu a conseguir a homologación como destino do Europe Senior Tourism que outorga a Secretaría de Estado de Turismo e que require, tamén, a homologación dos comercializadores.
Este programa está destinado a cidadáns de Europa de máis de 55 anos e ten como obxectivo achegar destinos españois aos turistas durante as tempadas media e baixa.
Co obxectivo de reforzar este tipo de turismo, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña participa hoxe nunha reunión de traballo con comercializadores turísticos para tratar de achegarlles a oferta da cidade e chegar a acordos de promoción.