O Concello do norte de Lugo, Riotorto, ultima os detalles da nova edición, a sétima, da súa Feira da Artesanía do Ferro, unha celebración que pretende render unha homenaxe a este tradicional oficio.
O evento terá lugar o domingo 13 de abril, un día no que, tal e como anuncian dende a organización, o son dos ferreiros volverá soar nesta zona. A falta de pechar o programa, o que seguro que non vai faltar é todo tipo de actividades relacionadas coa artesanía do ferro, dende demostracións en vivo, talleres ou mostras. Ademais, como noutras ocasións, haberá outro tipo de actividades relacionadas con diferentes artesanías, así como animación, espectáculos e gastronomía.