O Grupo Nove presentou onte o seu primeiro libro que leva por título Nove e a nova cociña galega. Cociñeiros, paisaxes e produtos, dedicado aos produtos galegos, aos seus produtores e ao papel dos cociñeiros na súa promoción.
O libro conta coa colaboración de Turismo de Galicia e, a través das súas 220 páxinas, recolle visións persoais dos cociñeiros e as receitas que elaboran cos seus produtos-fetiche. Os textos e o prólogo da introdución son do cociñeiro Martín Berasategui e dos xornalistas Manuel Gago e Marta Fernández Guadaño. As imaxes son obra de Ovidio Aldegunde.
O Grupo Nove, que o ano pasado celebrou con varios eventos o seu décimo aniversario, define a súa cociña como contemporánea, creativa, sinxela e emocional.