Os maioristas e axencias de viaxes Costas Galicia, Cn Travel, TeeTravel, Interrías, Luamar e Celtravel organizan mañá, xoves 20 de marzo, o evento Regálate Galicia…entre embaixadores na terraza do Pazo de Cibeles de Madrid a partir das 21:00 horas.
A cita, que congregará máis de 150 profesionais do sector turístico nacional, ten como obxectivo dar a coñecer os atractivos de Galicia como destino turístico e enogastronómico.
A reunión contará coa participación do monologuista e actor Carlos Blanco e os asistentes poderán degustar unha mostra dos mellores produtos galegos dende a tenreira galega ao mel de Galicia, pasando polos queixos con denominación de orixe ou os grelos, entre outros.