O TEATRO E AS FESTAS PROTAGONIZAN ESTA FIN DE SEMANA DE OUTONO EN GALICIA.
Pentación Espectáculos leva a obra Olivia y Eugenio ao Teatro Jofre de Ferrol ás 21:00 horas.
Durante toda a fin de semana represéntase A tempestade de Shakespeare no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Concerto de Cápsula e Pablo Und Destruktion na Sala Capitol de Santiago ás 21:30 horas dentro do Compostela Rock. Salacapitol.com
Buena Vista Social Club e The pie Lands serán os protagonistas musicais do San Froilán de Lugo na praza Horta do seminario. Sanfroilan.info
O Teatro Colón da Coruña acolle venres e sábado ás 20:30 horas El Arte de la danza de Víctor Ullate Ballet. Victorullateballet.com
Venres e sábado o Teatro Rosalía Castro da Coruña ofrece a representación de En un lugar del Quijote.
O Teatro Principal de Pontevedra acolle Yak42 no te re-conozco ás 21:00 horas.
Efecto pasillo ofrece un concerto dentro das festas do San Froilán de Lugo a partir das 20:30 horas na praza Horta do Seminario. Sanfroilan.info
Cantajuego ofrece dobre función do seu espectáculo Diez no Pazo da Ópera da Coruña ás 16.30 e ás 19.00 horas. Cantajuego.com
Olivia y Eugenio represéntase ás 20:30 horas no Centro Social Afundación de Pontevedra.
O Valadouro celebra a XXVII Feira do Mel. Valadouro.org
Ana Belén protagoniza Kathie y el hipopótamo no Teatro Principal de Santiago ás 20:00 horas.
Última xornada do San Froilán de Lugo, Domingo das mozas, con feira medieval, día do traxe galego e concerto de Susana Seivane, entre outras actividades. Sanfroilan.info
A comedia Matanza represéntase no Teatro Colón da Coruña ás 19:00 horas.
Tras o seu paso por A Coruña, Cantajuego chega ao Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ás 16:30 e ás 19:00 horas. Cantajuego.com
As Pontes de García Rodríguez celebra a VI Feira do queixo do Eume e mel de Goente. Turismoaspontes.com
Finaliza a LI Festa do Marisco en O Grove. NOTICIA GALICIA10
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )