O xamón da empresa cárnica lucense Torre de Núñez obtivo dúas Estrelas de Ouro nos premios Great Taste Awards 2014, que se celebran no Reino Unido e que están considerados os ‘óscar’ da alimentación mundial.
O xurado, do que forman parte 405 persoas de 15 países, valorou a súa boa infiltración de graxa intramuscular, o seu reducido punto de sal e o seu sabor doce.
Os Great Taste Awards están organizados por The Guild of Fine Food, e está considerada a avaliación independente máis rigorosa de comida e bebida de excelencia. O proceso de selección das estrelas de ouro realízase durante varios meses e normalmente en cada edición valoran unha media de 10.000 produtos facendo diferentes probas ás cegas para valorar sabor, textura, calidade… nunha análise sensorial moi rigorosa. Para gañar unha estrela, o produto debeu ser destacado por polo menos tres dos diferentes grupos de xurados que se forman.