OS ESPECTÁCULOS DE SALA OCUPAN A MAIOR PARTE DAS PROPOSTAS PARA ESTE CHUVIOSO FIN DE SEMANA EN GALICIA.
O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle unha nova representación dentro do ciclo TRC Danza, trátase de Heritages a cargo de Elephant in the black box company. Será ás 20:30 horas.
Venres e sábado o Teatro Colón da Coruña ofrece, ás 20:30 horas, a obra teatral El lenguaje de tus ojos.
J.J. Vaquero está no Centro Social Afundación de Pontevedra ás 22:00 horas co seu espectáculo de humor. Jjvaquero.com
O Auditorio Municipal de Ourense acolle ás 20:30 horas o espectáculo Comunicación/Incomunicación.
Arizona Baby actúa ás 20:30 horas na Sala Capitol de Santiago.
M-Clan ofrece un concerto no Auditorio de Ferrol ás 20:30 horas. M-clan.tv
Carlos Blanco e Celso Sanmartín levan os seus Contos na lareira ao Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 20:30 horas.
En Ourense comeza o XIX Festival de Cine Internacional de Ourense OUFF. Ouff.org e Noticia Galicia10
Sábado e domingo Arzúa celebra unha nova edición da súa Feira Ecolóxica Terractiva. Terractiva.org
Non te esquezas de rir é o espectáculo que acolle ás 19:00 horas o Centro Cultural Afundación de Vigo.
O Teatro Colón da Coruña acolle ás 19:00 horas Comunicación/Incomunicación.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )