Do 15 ao 23 de novembro a Cidade das Burgas celebra a décimo novena edición do Festival de Cine Internacional de Ourense que comenzará coa proxección de A Esmorga e que contará, na competición oficial, con 10 filmes nos que participan un total de 15 países.
O Auditorio Municipal será a principal sede do festival que, nesta edición, tamén contará co Teatro Principal, o Centro Cultural Marcos Valcárcel e o Centro Cultural Ánxel Valente, onde terán lugar as Sesións lixeiras, unha das actividades que se estrean este ano.
Todas as actividades e proxeccións de fóra do Auditorio Municipal serán de carácter gratuíto. Para poder acceder a el, o Concello porá a disposición da cidadanía un servizo de autobuses diarios que sairán dende o Parque de San Lázaro media hora antes da proxección de cada filme e un de volta.
Para as proxeccións no Auditorio Municipal, as entradas están á venda desde hoxe de forma telemática a través da páxina web entradas.abanca.es. Tamén se poderán adquirir na billeteira do Auditorio Municipal a partires do sábado 15.
MÁIS INFO EN OUFF.ORG