O Museo do Viño de Cambados participa, dende hoxe e ata o próximo venres, 14 de novembro, no XII Congreso de Museos do Viño de España que acollen o Museo Vivanco de la Cultura del Vino e a Escola de Patrimonio Histórico de Nájera.
Baixo o título Arqueoloxía e Viño, o Congreso afondará nesta ciencia que, a través da investigación de restos materiais, nos permite interpretar, e descubrir, máis de 8.000 anos de historia entre viño e home. Unha ciencia que desvela os misterios culturais, artísticos, sociolóxicos, xeográficos e económicos das distintas civilizacións.