
O Salón José Peña de Cambados acollerá, dende o venres 14 e ata o domingo 16 de novembro as II Xornadas de Degustación e Maridaxe das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia co obxectivo de achegar ao consumidor final todas as posibilidades que ofrecen estes destilados.
O Consello Regulador cumpre o seu 25º aniversario e ofrecerá unha completa programación na que terán cabida tanto catas, coma talleres de maridaxe, a presentación dun estudo e a organización dun túnel de augardentes e licores tradicionais.