
Turismo de Galicia, xunto co concello de Santiago de Compostela, organiza este Nadal a 1ª Edición do Mercado da Quintana, no que poderán participar, exhibindo e vendendo as súas pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal os artesáns, produtores, comerciantes e restauradores.
Con esta iniciativa búscase dinamizar o comercio e o casco histórico de Santiago de Compostela durante esta festividade.
A participación será gratuita tanto para os expositores como visitantes, aínda que os comerciantes, artesáns, produtores e restauradores que queiran exhibir ou vender as súas pezas e produtos deberán preinscribirse con antelación para solicitaren a súa participación.
O plazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 24 de novembro, e os artesáns, produtores, comerciantes e restauradores que desexen participar poderán cubrir e enviar o formulario online que atoparán na web do Concello de Santiago: Santiagodecompostela.org.