O Clúster Turismo de Galicia lanza unha nova campaña que ten como obxectivo invitar a todos os galegos a redescubrir Galicia para volver gozar desta terra, as súas paisaxes, a súa natureza e a súa enogastronomía.
Os galegos representan o 30% de viaxeiros que recibe o sector turístico na nosa Comunidade polo que a campaña pretende, por unha parte, que todos nós teñamos en mente Galicia como un posible destino para realizar unha escapada e, por outra, que presumamos da nosa terra e nos sintamos orgullosos dela converténdonos nos seus perfectos embaixadores.
Para animar a todos os galegos a redescubrir a nosa terra e, de paso, dinamizar a economía rexional, deseñaron a campaña Galicia, sempre preto de ti, na que se propoñen distintas alternativas para facer escapadas de fin de semana, de ponte, coa familia ou cos amigos.
En concreto, a campaña trata de poñer o acento na cultura, o ocio e a diversión; a tranquilidade, o relax e a tradición; a natureza ou a enogastronomía.
A campaña prolongarase ata principios de decembro co obxectivo de propoñer aos galegos escapadas tanto durante a próxima ponte de decembro coma de cara ao nadal. Estará presenta en vallas, webs e radios co fin de chegar a toda a comunidade.