ALGUNHAS DAS FESTAS MÁIS TRADICIONAIS DE GALICIA CELÉBRANSE ESTA FIN DE SEMANA NO QUE TAMÉN HABERÁ TEMPO PARA A MÚSICA, O HUMOR E O TEATRO.
Durante toda a fin de semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle a representación da obra A Tempestade, de Shakespeare.
Concerto na Sala Capitol de Santiago ás 20:30 horas con Holy Fuck, Sensible Soccers e Esquelas. Salacapitol.com
Lugo celebra, no día previo ao inicio do San Froilán, o Muralla Rock, con Los Suaves, Rosendo, Costas e Tregua. Será ás 19:00 horas no Pazo de Feiras e Congresos. NOVA GALICIA10
O Teatro Principal de Pontevedra acolle, ás 21.00 horas, a Óscar Ibáñez & Tribo que presenta o seu novo traballo Alén do mar. Oscaribanez.com
Venres e sábado ás 20:30 horas, La continuidad de los parques represéntase no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
O Teatro Colón da Coruña acolle a obra La cuna de la felicidad ás 21:30 horas.
Na Coruña comezan as festas do Rosario. Entre outras actividades, o venres celébrase na Praza de María Pita ás 22:00 horas o concerto de Brothers in band. Coruna.es
Joaquín Reyes estará esta fin de semana en Galicia con Que me aspen. Estará no Centro social Afundación de Pontevedra ás 21:00 horas.
En O Grove, desde o xoves e ata o 12 de outubro celébrase unha nova edición da tradicional Festa do marisco. Turismogrove.es
O espectáculo El Intérprete chega ao Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas.
O Pazo da Ópera da Coruña acolle o concerto de Paloma San Basilio, Hasta siempre. Será ás 21:00 horas. Palomasanbasilio.es
Joaquín Reyes estará co seu espectáculo no Teatro Colón da Coruña ás 22:00 horas.
Comeza, oficialmente, o San Froilán en Lugo. Ás 23:00 horas actúa Sés no Patio do Seminario. Lugo.es
Sábado e domingo, Lourenzá acolle a XXIV Festa da faba. Concellodelourenza.es
Joaquín Reyes actuará no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:00 horas.
El Intérprete se representa no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas.
Dentro do San Froilán, a partir das 21:00 horas haberá concertos na Horta do Seminario como o de Kase.O & Jazz Magnetism e Cats & Monkeys. Ademáis, ás 21:30 horas Lucía Pérez actúa na Praza Santa María. Lugo.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )