Lugo, xunto con Cáceres, Cartagena, Huesca e Valencia, presentou a súa candidatura para ser elixida como Capital Española da Gastronomía 2015, un título que se convoca por cuarta edición e que outorga a Federación Española de Hostalaría e a Federación Española de Xornalistas e Escritores de Turismo (FEPET).
A cidade que, finalmente, resulte elixida tomará o relevo de Vitoria, Capital Española da Gastronomía este ano, unha decisión que se coñecerá o 17 de outubro aínda que non oficiará ata o 1 de xaneiro.
Huesca e Valencia repiten candidatura, mentres que o resto debuta nesta aposta polo turismo enogastronómico. Ata o momento exerceron como Capital Española da Gastronomía Burgos, Logroño e Vitoria.