Bolsa de Contratación Turística de Turexpo 2013
Un total de 15 touroperadores internacionais interesados na oferta turística de Galicia procedentes de 10 países con grande interese como emisores de turismo, participan na bolsa de contratación turística de Turexpo Galicia 2014, que se celebra na cidade de Ferrol ata mañá, 7 de outubro. Trátase da primeira edición itinerante deste evento.
En busca de propostas galegas para ofertar nos seus países acoden un touroperador de Alemaña, un de Austria, dous de Brasil, tres de Bulgaria, un de Corea, dous de EE.UU, un de Irlanda, dous de Italia, un de Portugal e un da República Checa. Todos eles manterán reunións coa oferta turística galega durante hoxe e mañá no Parador de Turismo de Ferrol.
Con todo iso, esta bolsa de contratación de Turexpo Galicia 2014 converterase nunha inmellorable plataforma internacional de negocio que permitirá á oferta turística galega presente abrir novos mercados.